loader image

Verbena sinfónica para banda de música e sección rítmica.

Introducción

O Proxecto Verbena Sinfónica é unha emocionante iniciativa musical que combina diversos xéneros como o chachachá, a copla, o pop, ou o rock, xunto coa sofisticación da música sinfónica, e todo elo contextualizado dentro da tradición festiva da verbena galega. Baixo a dirección musical e os arranxos do mestre Alfredo Susavila, este proxecto reúne a talentosos artistas para crear unha experiencia musical única. Os vocalistas Silvia Ferre e Pedro Regueira, acompañados polos instrumentistas Carlos Calviño nas guitarras, Pachi Cruz no contrabaixo e o baixo eléctrico e o propio Alfredo Susavila no piano e teclados, únense para ofrecer un espectáculo cheo de enerxía e creatividade. Dita formación súmase á da Banda, composta por músicos apaixonados e dedicados para acadar unha amálgama de sons inesquecible.

Visión do proxecto

Verbena Sinfónica fusiona a grandiosidade dos arranxos sinfónicos coas vibrantes melodías e letras das cancións das músicas populares, tradicionais e modernas, creando así un espectáculo musical que atrae a unha audiencia moi diversa, tanto no referente a idades como a gustos. Esta combinación de elementos musicais ofrece un enfoque único e fresco ao concepto tradicional da nosa verbena, dándolle a ésta unha visión elaborada e innovadora, pero sen descoidar o auténtico espírito lúdico da mesma.

Repertorio musical

O repertorio deste proxecto inclúe unha selección moi diversa de cancións populares da verbena, todas elas adaptadas e arranxadas dende unha perspectiva sinfónica por Alfredo Susavila. Estas obras engloban unha extensa gama de estilos e emocións, dende as animadas cancións de baile ata os himnos máis emblemáticos do rock. Este listado de pezas será representado en escena durante un pase ininterrumpido de 90min de duración.

Eventos e actuacións

O Proxecto Verbena Sinfónica está deseñado para ser levado a todo tipo de escenarios, dende festivais ao aire libre ata auditorios e teatros pechados. A natureza deste evento único garantiza o éxito de xeito absoluto, sendo altamente recomendado e apto para todos os públicos.

Grabación en directo coa Banda da escola de música de Rianxo

Escucha Funky ChaCha

Escucha Popurri Raphael

Escucha La Llorona

Escucha Getsemani

Escucha La bien pagá

Escucha Perlas Ensangrentadas

Escucha Eloise

Escucha Popurri de Alaska

Escucha Insurrección

Escucha El universo sobre mi

Escucha Sobreviviré

Escucha Popurri Mecano

Escucha Simply the best

Escucha Santa Lucía

Escucha The final Countdown

Escucha Popurri Queen

Deja un comentario